lunes, 10 de junio de 2013

Una joya por descubrir al lado de casa.


O mosteiro de San Salvador de Lourenzá esconde no seu interior unha das xoias da comarca, un relicario barroco onde se conservan restos dunha trintena de santos, o que dá idea da importancia que tiña o centro. «Conseguir os ósos non era fácil e o que máis tivese era o de maior categoría», explica entusiasmada Társila, que leva anos dedicada a explicar como guía a historia que encerran os muros.

«É unha preciosidade», asevera, mentres enumera un a un os santos e santas a quen pertencen os ósos, contidos en figuras que os representan cunha ventaniña á altura do peito onde se poden contemplar os restos. «É dos mellores de España», afirma sobre o relicario, elaborado por Juan Baamonde no século XVII e cuxa policromía é obra de Francisco de Andrade.

APERTURA
Visitas guiadas para potencialo
Para facilitar a asistencia dos visitantes habilitáronse visitas guiadas en horario de mañá e tarde, nas que acompañados dun guía, será moito máis fácil coñecer a historia do mosteiro benedictino creado no século X, e que foi tamén hospedería de peregrinos, e non se descarta que tivese incluso un hospital. No seu seo funcionou tamén un seminario menor ata 1942. Na actualidade, a igrexa mantén culto habitual.

Fuente:El progreso.10.06.13

No hay comentarios:

Publicar un comentario